Amplificación da produción seminal de planta de piñeiro en Galicia

O grupo operativo GOPIÑA (período de execución 2023-2026) está desenvolvendo en Galicia o proxecto Amplificación operacional da produción seminal tradicional de planta de piñeiro en Galicia mediante estacado e mellora da conformación xenética por embrioxénese somática

go-pina-angel
Resultados

O proxecto de GOPIÑA

O proxecto trata de ensaiar e desenvolver as técnicas de reprodución vexetativa para que os viveiros forestais galegos poidan poñer no mercado ata 5 millóns de plantas/ano de piñeiros, pinaster (Pinus pinaster) e insigne (Pinus radiata), mellorados xeneticamente para producir madeira de mellor calidade e máis resistente a pragas e doenzas. O período de execución de GOPIÑA é 2023-2026 e está coordinado pola Fundación Arume.

O impacto do proxecto na sociedade galega

unidades de planta forestal de piñeiro
0
Propietarios forestais beneficiados
0
Contribución

Impacto na cadea forestal e da madeira

Co proxecto GOPIÑA espérase un aumento da capacidade produtiva en Galicia de máis de 5 millóns de planta de piñeiro melloradas. a embrioxénese somática e a crioconservación permitirán dispor de programas de mellora xenética e subministro máis avanzados.
OBXETIVOS

Recuperar o interese polo cultivo das coníferas

GOPIÑA PERMITIRÁ

Gopina-impactos

O grupo operativo GOPIÑA está financiado coas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos de AEI (mr331b) da UE, xestionados pola Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (AGACAL) da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Coordina

Grupo Operativo GoPiña

Entidades colaboradoras

Financiamento

GOpiña