Aviso legal

Titular da web

O titular desta páxina web é a «FUNDACIÓN ARUME», unha organización de natureza fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, cuxo patrimonio está afectado de modo permanente á
realización dos fins de interese xeral que se establecen nestes Estatutos. O domicilio da Fundación radicará no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, na Avenida de Fernando Casas Novoa, número 38, da localidade de Santiago de Compostela (C.P. 15707), provincia da Coruña.

Dereitos de autor e contidos web

Os contidos literarios do sitio web atópanse rexistrados e ofrécense baixo a licencia que se indique no pé da páxina. Exceptúanse desta licencia todos os contidos non literarios, aqueles sobre os que se indique outra licencia aplicable, os signos distintivos (marcas, nomes comerciais, etc.) e o modelo desta web, cuxos dereitos pertencen ao seu autor o autores.

O sitio web contén textos elaborados con fins meramente informativos ou divulgativos que se refiren a situacións xerais, polo que o seu contido non pode ser aplicado nunca polo usuario a casos concretos. As opinións vertidas nos mesmos non reflicten necesariamente os puntos de vista da FUNDACIÓN ARUME. O contido dos artigos publicados neste sitio web non pode ser considerado, en ningún caso, substitutivo de asesoramento profesional. O usuario non debe actuar sobre a base da información contida neste sitio web sen recorrer previamente ao correspondente asesoramento profesional.

Os enlaces externos que contén este sitio web conducen a sitios xestionados por terceiros. A FUNDACIÓN ARUME non responde dos contidos nin do estado de ditos sitios. O uso de enlaces externos tampouco implica que a FUNDACIÓN ARUME recomende ou aprobe os contidos das páxinas de destino.

Resolución de conflitos

As presentes condicións de uso do sitio web réxense en todos e cada un dos seus extremos pola lei española. O idioma de redacción e interpretación deste aviso legal é o galego. Este aviso legal non se arquivará individualmente para cada usuario senón que permanecerá accesible por medio de Internet neste mesmo sitio web.

Sempre que non haxa unha norma que obrigue a outra cousa, os usuarios desta web acordan, en caso de conflito, someterse aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, por ser este o lugar de celebración do contrato, con renuncia expresa a calquera outra xurisdición que puidera corresponderlles.

 

O titular do sitio web elaborou este aviso legal por iniciativa propia tomando como base os textos legais dispoñibles baixo Licencia CC By na páxina web www.abanlex.com

GOpiña