Dereitos de protección de datos
Como exercitar os dereitos: os usuarios poden dirixir unha comunicación por escrito ao domicilio social da Fudanción Arume ou ao enderezo de correo electrónico arume@fundacionarume.gal, incluíndo en ambos casos fotocopia do seu DNI ou outro documento de identificación similar, para solicitar o exercicio dos dereitos seguintes:
- Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais: vostede poderá preguntar á Fudanción Arume se estamos tratando os seus datos.
- Dereito a solicitar a súa rectificación (en caso de que sexan incorrectos) ou supresión.
- Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, en cuxo caso unicamente serán conservados pola Fudanción Arume para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Dereito a opoñerse ao tratamento: a Fudanción Arume deixará de tratar os datos na forma que vostede indique, salvo que por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións se teñan que seguir tratando.
- Dereito á portabilidade dos datos: en caso de que queira que os seus datos sexan tratados por outra firma, a Fudanción Arume facilitaralle a portabilidade dos seus datos ao novo responsable.
Modelos, formularios e máis información sobre os dereitos referidos: Páxina oficial da Agencia Española de Protección de Datos
Posibilidade de retirar o consentimento: no caso de que se outorgase o consentemento para algunha finalidade específica, vostede ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que isto afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Como reclamar ante a Autoridade de Control: Se un usuario considera que hai un problema coa forma en que a Fudanción Arume está manexando os seus datos, pode dirixir as súas reclamacións ao Responsable de Seguridade da Fudanción Arume ou á autoridade de protección de datos que corresponda, sendo a Agencia Española de Protección de Datos a indicada no caso de España.
Conservación dos datos
Datos desagregados: os datos desagregados serán conservados sen prazo de supresión.
Datos dos clientes: o período de conservación dos datos persoais variará en función do servicio que o Cliente contrate. En calquera caso, será o mínimo necesario, podendo manterse ata:
- 4 anos: Lei sobre infraccións e sancións na orde social (obrigas en materia de afiliación, altas, baixas, cotización, pago de salarios…); Arts. 66 e seg. Lei xeral tributaria (libros de contabilidade…);
- 5 anos: art. 1964 Código Civil (accións persoais sen prazo especial)
- 6 anos: art. 30 Código de Comercio (libros de contabilidade, facturas…)
- 10 anos: art. 25 Lei de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo.
Datos dos subscritores por correo electrónico: desde que o usuario se subscribe ata que se dá de baixa.
Datos de usuarios subidos pola Fudanción Arume a páxinas e perfís en redes sociais: desde que o usuario ofrece o seu consentimento ata que o retira.
Datos dos postulantes a prácticas ou a postos de emprego: en caso de que o candidato non sexa seleccionado, a Fudanción Arume poderá manter almacenado o seu currículo un máximo de dous anos para incorporalo a futuras convocatorias, a menos que o candidato se manifeste en contra.
Datos dos usuarios que se conectan á rede wifi da Fudanción Arume: os datos serán conservados durante un prazo máximo de dous anos.
Procedencia, finalidades e lexitimidade
Correo electrónico, formularios de contacto e medios de comunicación tradicionais
Web e hosting: o sitio web da Fudanción Arume conta cun cifrado SSL que permite ao usuario o envío seguro dos seus datos persoais a través de formularios de contacto de tipo estándar, aloxados en Dinahosting, unha empresa galega de hosting de recoñecido prestixio.
Datos recompilados a través da web: os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros dos que a Fudanción Arume é titular.
Podería ser solicitado o seu enderezo IP, que sería usado para comprobar a orixe da mensaxe co obxecto de ofrecerlle recomendacións legais axeitadas ao mesmo (por exemplo, recomendacións de profesionais e servizos de países diferentes a España) e para detectar posibles irregularidades (por exemplo: partes opostas do mesmo caso escriben á Fudanción Arume desde a mesma IP), así como datos relativos á súa ISP.
Así mesmo, poderá facilitar os seus datos a través do correo electrónico e outros medios de comunicación.
Correo electrónico: O prestador de servizos de correo electrónico usado pola Fudanción Arume é Google, Inc.
Outros servizos: certos servizos prestados a través do sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais. Faise indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate.
Finalidade e lexitimación: a finalidade do tratamento destes datos será unicamente a de prestarlle a información ou servizos que nos solicite.
Redes sociais
Presenza en redes: a Fudanción Arume conta con perfil nalgunhas das principais redes sociais de Internet, recoñecéndose responsable do tratamento en relación cos datos publicados pola Fudanción Arume (por exemplo, fotos subidas pola Fudanción Arume nas que aparecen caras de persoas) ou dos datos que os usuarios envíen de forma privada á Fudanción Arume co fin de que sexan extraídos (por exemplo, comunicacións iniciais para que a Fudanción Arume asesore nun caso).
Finalidade e lexitimación: o tratamento que a Fudanción Arume levará a cabo cos datos dentro de cada unha das referidas redes será, como máximo, o que a rede social permita aos perfís corporativos. Así pois, a Fudanción Arume poderá informar, cando a lei non o prohiba, aos seus seguidores por calquera vía que a rede social permita sobre as súas actividades, relatorio, ofertas, así como prestar servizo personalizado de atención ao cliente.
Extracción de datos: en ningún caso a Fudanción Arume extraerá datos das redes sociais, a menos que se obtivera puntual e expresamente o consentimento do usuario para iso.
Dereitos: cando, debido á propia natureza das redes sociais, o exercicio efectivo dos dereitos de protección de datos do seguidor quede supeditado á modificación do perfil persoal deste, a Fudanción Arume axudaralle e aconsellaralle a tal fin na medida das súas posibilidades.