O Grupo Operativo GOPIÑA forma un equipo compacto que vén colaborando en actividades relacionadas co proxecto desde hai máis de catro anos. Todas as entidades participantes están comprometidas cos obxectivos que contempla o proxecto a curto e medio prazo e contan con equipos profesionais de alta capacidade e dilatada experiencia nos cometidos que lles asigna o proxecto.
O grupo operativo GOPIÑA está formado por catro entidades beneficiarias, tres entidades colaboradoras e dúas entidades subcontratadas.
É unha fundación de interese público na que participan as principais organizacións do sector forestal e da madeira. https://www.fundacionarume.gal/
A Fundación Arume é a entidade representante do Grupo Operativo. A súa misión no proxecto é coordinar o Grupo Operativo e conseguir unha eficiente transferencia de resultados aos axentes do sector.
Entre os seus principais obxectivos está a realización de proxectos de I+D, de innovación, de formación, de comunicación e de divulgación coa finalidade de mellorar os montes de coníferas e fomentar e impulsar a mellora xenética dos materiais de reprodución. A Fundación Arume ten un acordo de colaboración coa Cooperativa de Mejoramiento Genético Forestal de Chile, iniciativa intersectorial impulsada en 1976 desde a Facultade de Ciencias Forestais da Universidade Austral de Chile.
A Fundación Arume iniciou en 2018 o desenvolvemento de actividades de apoio á mellora xenética de coníferas, traballando en colaboración con expertos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e de distintas empresas e organizacións do sector, constituíndo no seu seo un grupo de traballo en mellora xenética de coníferas.
Contacta con nós e intentaremos responder o máis axiña posible.
Copyright 2024 © GOPIÑA