Resultados esperados

Resultados esperados

Os resultados esperados do proxecto GOPIÑA son:

02.

Validar os protocolos adaptados de captura e posta a disposición para a súa proba en Galicia de xenotipos de piñeiro dende proxenies elite combinando embrioxénese somática e crioconservación nunha contorna de laboratorio produtivo real (TRL 7) para a incorporación dos materiais xenéticos mellorados clonais á mellora familiar actual e contribuír á competitividade e resiliencia do piñeiro comercial galego a medio prazo.
gopina-resultados-esperados

01.

Validar os protocolos adaptados de enraizado de estacas para a produción dunhas 30 000 unidades/ano de planta forestal de piñeiro de máxima calidade xenética e nunha contorna real, como paso previo e necesario de innovación para continuar medrando á seguinte magnitude escalar, e chegar a curto prazo a cubrir as necesidades reais en Galicia de 5 millóns de árbores/ano.

03.

Comunicar a dispoñibilidade e transferir os coñecementos de utilización ao sector (persoas xestoras de montes, produtoras de madeira de piñeiro, viveiristas e responsables de empresas de servizos forestais que fan traballos de plantación e axentes do servizo de gardería forestal) para que este tipo de material de reprodución chegue, a curto prazo, ao monte galego.

Impacto a medio prazo

A medio prazo, espérase un aumento da capacidade produtiva en Galicia de máis de 5 millóns de planta de piñeiro melloradas para a produción de madeira e resiliencia sanitaria procedente de enraizado de estacas. Isto significará:
Gopina-impactos

Impacto a longo prazo

A máis longo prazo, a embrioxénese somática e a crioconservación permitirán dispor de programas de mellora xenética e subministro máis avanzados, iniciando a formulación dos principios operativos da silvicultura clonal de piñeiro, máis rendible.

Recuperación do interese das persoas silvicultoras galegas polo cultivo das coníferas, por medio das comunicacións e demostracións dos resultados do proxecto que impactarán en 20 000 persoas propietarias forestais, 100 empresas de servizos forestais e viveiristas, e á totalidade do colectivo do servizo de axentes forestais da Consellería do Medio Rural.

Impacto na cadea forestal e da madeira

O proxecto GOPIÑA contribuirá a:

Incrementar a produción de madeira de piñeiro de calidade que contribuirá a garantir o subministro e sostibilidade das máis de 200 industrias de transformación de madeira de piñeiro asentadas en Galicia -serradoiros, industrias de taboleiro e chapa- colectivo que na actualidade prevé unha crise a medio prazo por falta de madeira de piñeiro.

Modernizar o sector forestal galego mediante a innovación dos procesos de reprodución de planta forestal en centros de produción en zonas rurais, aliñándose co obxectivo transversal da PAC 2023-2027. O proxecto vai contribuír a alcanzar os obxectivos da Revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2024. En concreto desenvolve o programa I.3.1. de mellora xenética forestal e a liña de acción destinada a satisfacer a demanda de material mellorado de coníferas.

GOpiña